lunes, 15 de mayo de 2017

Diseño de unha Silla

Para este traballo tiñamos que facer o diseño dunha silla e a súa maqueta. Estes son os meus bocetos e vistas:


Eu optei por unha silla curvada de plástico duro de cor branca, co asento, o respaldo e os detalles da base de coiro. A parte das patas divídese en dous para restar homoxeniedade, e son un pouco máis largas para atrás para deixar o centro de equilibrio dentro da área da silla e  evitar caídas. A parte de atrás do asento non está suxeito ao chan ou á base para aportar balance.

A silla está deseñada para un entorno moderno e de interiores, quizáis para un salón ou incluso para unha habitación.
A forma que ten permite un transporte sencillo, grazas ao seu pouco peso polos materiais e a que é apilable.

Este proxecto non conta con maqueta física debido a problemas de tempo e loxística.


Traballo para a exposición Ética e Dereitos dos Animais



Para este traballo tiñamos que preparar unha obra para unha exposición sobre a Ética e os Dereitos dos Animais.
Eu decidín facer nun lienzo unha pintura a acrílico, onde represento un mago que saca da chistera un coello morto. Con esto pretendía representar a miña inquietude polo maltrato dos animais no mundo da maxia. Mundo no que me introducín fai non ben moito, descubrindo un pouco algúns trucos e a esencia da maxia. Pero é que cando vexo un truco que implica a participación dun animal non son capaz de seguir mirándoo. Estas inquietudes intenteinas representar neste cadro.


domingo, 14 de mayo de 2017

Traballo de Publicidade en Medio Impreso

Para este traballo tiñamos que realizar un anuncio publicitario dunha hamburguesa vegana para unha revista. Este é o meu:



Para facer a hamburguesa non seguín a receta que se nos pasou, busquei outra máis fácil. Esta só precisa de lentellas, patacas, fariña e un par de especias.

No proceso de fotografiar a hamburguesa, non tiña moi claro como ía a ser a composición, entón probei todo tipo de planos e disposicións para escoller despois a máis conveniente. Estes son algúns exemplos:




Á foto final que escollín engadinlle uns retoques de cor, saturación e brillo:


Finalmente, o logo da empresa inventada. Un logo simple, de formas básicas e efectivo. A cor orixinal modifiqueina para integralo no fondo do cartel:







viernes, 12 de mayo de 2017

Spot Publicitario

Para esta tarea tiñamos que realizar un spot publicitario, de corta duración. Podíase anunciar tanto un producto, coma unha causa ou un evento. Eu escollín o de producto, máis en concreto, un Fidget Spinner que tanto está de moda actualmente.


Normalmente os anuncios, ao ser de moi pouca duración, adoitan a ter bastantes planos e rápidos, pero eu quixen afastarme desta tendencia e facer un único plano ao largo dos 20 segundos que dura. Porque me parece que no momento no que algo se sae do normal e do establecido, gaña puntos e tende a ser máis recordado.

O plano utilizado é un primeiro plano, que neste caso favorece a expresividade facial e xestual que se desenvolve. Tamén acerca ao espectador e fai que se sinta en confianza coa persoa que está mantendo unha conversa con el. Conversa que por certo, é muda, pero que se consegue comunicar mediante subtítulos. Esto apórtalle orixinalidade ao contido e, o feito de que o idioma sexa en inglés, é simplemente porque considero que ese tipo de expresións en concreto soan mellor así.

A forma que teño de vender o producto é utilizando o recurso do humor, que fai que o espectador sexa máis susceptible a compralo ou simplemente a recordalo.

A simple vista parece que estou vendendo un xoguete que da voltas, pero realmente estou vendendo algo que vai máis alá. Estou vendendo unha forma de vida, na que si queres ser coma o protagonista, si queres ser cool, tes que comprar o producto que che mostro, porque doutra forma nunca o conseguirás.

Finalmente, os apartados técnicos. Escollín unha música (Booty Swing - Parov Stelar) pegadiza que axuda, unha vez máis, a recordar con máis facilidade o spot. Á grabación orixinal cambieille un pouco as cores, poñendolle tons morados nas sombras e un pouco de laranxa nas luces, que crean un bo contraste e un ambiente elegante.