domingo, 18 de diciembre de 2016

Logo 7 Pecados

Neste caso tiñamos que facer o logotipo dunha revista chamada 7 Pecados.  Esta é a miña proposta:


Este foi o proceso de creación:







Os 7 pecados capitais son a soberbia, a avaricia, a envidia, a ira, a lujuria, a gula e a pereza. Cada pico da estrela de sete puntas corresponde a cada un destes pecados. Xunto cos pecados están as virtudes (humildade, paciencia, templanza, etc.). No logotipo hai un contraste entre as formas agresivas e de cor negra dos picos, que simbolizan os pecados, e as formas delicadas dos círculos e de ton claro, que simbolizan as virtudes.

Os números romanos están implementados por cuestión de estética, para completar o espacio que quedaba sen elas.

A estrela entrelázase co círculo vermello tamén por cuestión de estética.





jueves, 8 de diciembre de 2016

Logo dos Xogos Olímpicos

Para este traballo tiñamos que diseñar un logo dos xogos oímpicos 2020 de Boiro, Santiago de Compostela ou da Habana. Eu escollín a Habana e este foi o proceso de creación:






Primeiro modifiquei a bandeira de Cuba poñéndolle ás barras as cores dos tres famosos edificios da Habana. Despois deformei as formas para que non fose tan uniforme e para seguir coa estética doutros logos de JJ.OO. anteriores. A miña idea era poñer os aros olímpicos en blanco sobre a bandeira e debaixo poñer o texto, pero probando a facelo dunha forma máis tradicional o resultado mellora.

miércoles, 7 de diciembre de 2016

Minimalismo

Para este traballo tiñamos que facer dous carteis minimalistas captando a esencia dunha película, serie, etc. e dunha canción.

Para o cartel sobre unha película escollín 2001: A Space Odyssey, de Stanley Kubrick:



Antes de chegar a este resultado final, fixen algunhas probas:




Neste caso decidín facer unha representación minimalista dunha das obras de S. Kubrick. Elixín dous dos elementos máis representativos da película, o famoso plano do monolito e HAL 9000:



A cor de fondo fai referencia a outra escea moi famosa do filme:




Para a canción escollín Guns For Hands, de Twenty One Pilots:


Este foi máis ou menos o proceso de creación:







A canción fálanos, entre outras cousas, de que o personaxe non é capaz de dormir porque "temos pistolas como mans". Esta idea foi a que plasmei. Tamén decidín incorporarlle texto, poñendo tanto o título do tema como o nome do grupo. A tipografía é a mesma que utilizan eles. O detalle do recuadro é necesario para diferenciar título de grupo, e tamén queda máis estético.



jueves, 1 de diciembre de 2016

Tipografías con InkScape

Para este traballo tiñamos que crear tres tipografías distintas seguindo este exemplo (click aquí).

Estas son as miñas: