Para facer a hamburguesa non seguín a receta que se nos pasou, busquei outra máis fácil. Esta só precisa de lentellas, patacas, fariña e un par de especias.
No proceso de fotografiar a hamburguesa, non tiña moi claro como ía a ser a composición, entón probei todo tipo de planos e disposicións para escoller despois a máis conveniente. Estes son algúns exemplos:
Á foto final que escollín engadinlle uns retoques de cor, saturación e brillo:
Finalmente, o logo da empresa inventada. Un logo simple, de formas básicas e efectivo. A cor orixinal modifiqueina para integralo no fondo do cartel:
No hay comentarios:
Publicar un comentario