viernes, 12 de mayo de 2017

Spot Publicitario

Para esta tarea tiñamos que realizar un spot publicitario, de corta duración. Podíase anunciar tanto un producto, coma unha causa ou un evento. Eu escollín o de producto, máis en concreto, un Fidget Spinner que tanto está de moda actualmente.


Normalmente os anuncios, ao ser de moi pouca duración, adoitan a ter bastantes planos e rápidos, pero eu quixen afastarme desta tendencia e facer un único plano ao largo dos 20 segundos que dura. Porque me parece que no momento no que algo se sae do normal e do establecido, gaña puntos e tende a ser máis recordado.

O plano utilizado é un primeiro plano, que neste caso favorece a expresividade facial e xestual que se desenvolve. Tamén acerca ao espectador e fai que se sinta en confianza coa persoa que está mantendo unha conversa con el. Conversa que por certo, é muda, pero que se consegue comunicar mediante subtítulos. Esto apórtalle orixinalidade ao contido e, o feito de que o idioma sexa en inglés, é simplemente porque considero que ese tipo de expresións en concreto soan mellor así.

A forma que teño de vender o producto é utilizando o recurso do humor, que fai que o espectador sexa máis susceptible a compralo ou simplemente a recordalo.

A simple vista parece que estou vendendo un xoguete que da voltas, pero realmente estou vendendo algo que vai máis alá. Estou vendendo unha forma de vida, na que si queres ser coma o protagonista, si queres ser cool, tes que comprar o producto que che mostro, porque doutra forma nunca o conseguirás.

Finalmente, os apartados técnicos. Escollín unha música (Booty Swing - Parov Stelar) pegadiza que axuda, unha vez máis, a recordar con máis facilidade o spot. Á grabación orixinal cambieille un pouco as cores, poñendolle tons morados nas sombras e un pouco de laranxa nas luces, que crean un bo contraste e un ambiente elegante.

1 comentario:

  1. ¿Cuál sería el target? Si es gente jóven, el cliché no encaja, y si es gente mayor, el juguete quizá no sea el adecuado. ¿O qué?

    ResponderEliminar