lunes, 6 de marzo de 2017

Proxecto Ball Dash | Documentación

Como ben comentei na entrada anterior, a miña fase de documentación tomou lugar antes da fase das ideas, con motivo de coñecer as miñas capacidades.

Para empezar, busquei información xeral:
Á hora de crear un videoxogo necesítanse pasar por varias fases. Primeiro, a preproducción, que inclúe a planificación e concepción, é dicir, todo o traballo de escritura de guións (literario e técnico), bocetos, etc. Despois, a producción, na que entra a programación, ilustración, modelado 3D, diseño de niveles, etc. E finalmente, a postproducción, que se pode solapar coa producción, e consiste en facer marketing e distribución, realizar carteles, o trailer, manuais, etc.

Para facer todo esto é moi importante contar cun bo equipo de traballo, dividido en varios equipos máis pequenos que se encargan de facer unha tarea en específico -en xeral, o desarrollo de videoxogos parécese moito a unha producción audiovisual-. Hai como dous grupos de equipos diferenciados, o grupo artístico, que fai todo o traballo de bocetos, ilustración, maquetas... e o grupo técnico, que se encarga da programación, diseño de niveles, etc. Aínda que parezan dous roles totalmente distintos, é moi importante que haxa comunicación con todo o equipo, e si é posible, que existan membros polifacéticos, xa que ó fin e ó cabo, as dúas partes están relacionadas.
Tamén existe un grupo de xente que se dedica a probar o que se leva feito do xogo e a encontrarlle fallos -bugs, glitchs- para solucionar. Estas persoas chámanse beta-testers.

Investigando, encontrei en YouTube un documental en forma de web-serie, chamado ExtraLife, no que dous famosos youtubers -Outconsumer e Fukuy- nos enseñan a súa experiencia na creación dun xogo desde cero. Esto axudoume a ver toda a información que tiña desde unha perspectiva máis clara.

Pero falta algo moi importante, en que plataforma iba a traballar? Hai varias opcións, e todo depende da linguaxe de programación que vaias a utilizar -C#, Javascript, C++, etc-. Os dous programas máis famosos con mellor relación calidade-precio (gratis) son Unity e RPG Maker.
Pero eu xa tiña en mente outro tipo de programación e outra ferramenta: a programación por módulos con Scratch. A primeira vista, este tipo de programación pode parecer complicado, pero unha vez comezas a investigar, ves que é todo moi intuitivo. Tamén encontrei unha serie de tutoriales en Youtube ao respecto: Xnergic TCM

Bibliografía:

https://www.ecured.cu/Desarrollo_de_Videojuegos

https://www.escueladevideojuegos.net/fases-del-desarrollo-de-videojuegos/

http://blog.programadorvideojuegos.com/resumen-del-proceso-de-creacion-de-un-videojuego/

https://platzi.com/blog/desarrollar-videojuegos/






No hay comentarios:

Publicar un comentario