De primeiras pintaba ben, pero pareime a pensar con mente fría, xa que este tipo de videoxogos requiren de moito traballo, dedicación e sobretodo tempo.
Tras chegar a esta conclusión, tomei a decisión de romper un pouco co guión do traballo e púxenme a buscar información antes de ter unha idea obxectivo -esta fase explicareina máis adiante, noutra entrada-. Tomei esta decisión porque considerei que antes de poñerme a pensar nada, necesitaba ver as opcións que tiña, que tan complexas eran e como me podía adaptar eu.
Unha vez adquiridos todos os conocimentos chegou a hora de pensar que tipo de xogo ía a facer. Xa desde fai tres anos levo xogando ao Geometry Dash, que é un xogo de plataformas no que eres un cubo que ten que saltar unha gran variedade de obstáculos. A idea foi inspirarse neste título para facer algo parecido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario